top of page
Foto del escritorMuller Menstruación

Onde hai produtos menstruais gratuitos?: As nosas referencias

Cando fixemos a nosa petición tivemos que facer unha búsqueda de información, na cal atopamos disitntos lugares do mundo onde xa hai avances respecto aos produtos menstruais e a súa accesibilidade.

Escocia é o primeiro país do mundo en declarar o acceso gratuito a todos os produtos para a menstruación como tampóns e compresas. A nova lexislación, conocida como "Lei de produtos para a menstruación" sinala que os Concellos e as institucións educativas deben crear métodos para facer dispoñibles de forma gratuita estes produtos. Georgie Nicholson, que dirixe a organización británica Hey Girls e busca que o mesmo que se fixo en Escocia se faga en todo Reino Unido, lle dixo á BBC que un estudo indicaba que unha de cada catro mulleres en Escocia tivo que enfrontarse á pobreza menstrual nalgún momento. De feito, moitas nais teñen que sen protección no seu período para poder alimentar aos seus fillos, usando cousas como xornais metidos en calcetíns ou pan.

En Latinoamérica o máis parecido que se conseguiu nese sentido foi en Colombia, onde se lles quitou os impostos ao consumo de tampóns e compresas.

Se falamos de España, só podemos dicir que Cataluña vai ofrecer produtos menstruais gratis reutilizables para 1.8 millóns de persoas, destinando 7.6 millóns de euros para este proxecto. A conselleira de Igualdade e Feminismos Tània Verge anunciou que estas medidas representan un adelanto en xustiza social xa que combate a pobreza menstrual, que afecta a unha de cada cinco mulleres catalanas. A distribución gratuita de produtos menstruais sostibles farase tamén a través dos centros de secundaria de toda Cataluña, co programa "Mi regla, mis reglas", que este curso chegará a 85.500 alumnas de 3º de ESO. Ademais, a partir do próximo ano introduciranse descontos a través do Carné Xove para a compra de produtos menstruais e reutilizables.

Os avances que se están a facer nestes lugares son as nosas referencias e inspiracións que intentamos seguir e traer ao noso pobo, a Redondela, eperando servir de exemplo para máis pobos galegos e, desta maneira, ir espandendo o noso proxecto.


1 visualización0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Como se pode deter a pobreza menstrual?

O primeiro paso é normalizar a menstruación e destruír os tabús ao redor deste proceso natural. Logo débense aplicar políticas para que...

Por que a pobreza menstrual é un problema?

A mala hixiene menstrual pode causar riscos para a saúde física e relacionouse con infeccións do tracto urinario e problemas de saúde...

Causas principais

A menstruación está estigmatizada en todo o mundo. En Nepal, por exemplo, as mulleres que menstrúan son consideradas impuras pola súa...

Commenti


bottom of page