top of page
Buscar

Por que a pobreza menstrual é un problema?

  • Foto del escritor: Muller Menstruación
    Muller Menstruación
  • 8 jun 2023
  • 1 Min. de lectura
A mala hixiene menstrual pode causar riscos para a saúde física e relacionouse con infeccións do tracto urinario e problemas de saúde reprodutiva, segundo indica UNICEF. Esto tamén impide que as mulleres alcancen o seu máximo potencial cando perden oportunidades cruciais para o seu crecemento. As mozas novas que non reciben educación teñen máis probabilidades de contraer matrimonio sendo nenas e, como resultado, un embarazo precoz, problemas de malnutrición, violencia doméstica e complicacións no embarazo.

A vergoña menstrual tamén ten efectos mentais negativos. Desempodera ás mulleres, facendo que se sentan avergoñadas por un proceso biolóxico normal.

"Todas as miñas irmás e eu escondemos as nosas roupas sanitarias a secar debaixo da cama, porque tiñamos vergoña", dixo Anita Koroma á organización do Consello de Colaboración de Abastecemento de Auga e Saneamento (WSSCC, polas súas siglas en inglés) en Serra Leona.

Pola contra, as mulleres que menstrúan deben sentirse orgullosas e seguras da súa capacidade para desenvolverse e brillar dentro das súas comunidades.
 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
Causas principais

A menstruación está estigmatizada en todo o mundo. En Nepal, por exemplo, as mulleres que menstrúan son consideradas impuras pola súa...

 
 
 

Comentarios


bottom of page