Despois de darlle moitas voltas nas nosas cabezas, chegamos a unha idea final. Primeiro de todo, comezamos lembrando todas as veces que a algunha muller lle baixa a regla en medio de clase e non ten compresas ou tampóns. Lembramos esos momentos nos que algunha muller sinte vergoña por ter que pedir produtos menstruais a alguén. Lembramos os problemas que nos chegan de súpeto cando vamos ao baño e nos decatamos de manchamos o pantalón de vermello. Finalmente pensamos: "No colexio temos papel hixiénico porque é inevitable para as persoas a necesidade de ir ao baño. Tamén é inevitable para as rapazas menstruar, e non temos produtos á nosa disposición". Dímonos conta de que moitas veces desexamos ter ao lado do dispensador de papel hixiénico un dispensador de compresas e tampóns. Así pois, decidimos que o noso proxecto ía basearse niso.
Fixemos unha formal solicitude que enviamos ao Concello de Redondela, explicando a situación e pedindo a instalación de dispensadores de produtos menstruais nos baños femininos dos institutos de Redondela. A nosa intención é comezar polo noso pobo, e que isto serva de inspiración e reflexión para outros lugares e que se plantexen facer o mesmo.
A pesar de que mandamos a solicitude a comezos deste ano 2023, aínda non recibimos resposta do Concello, polo que temos que seguir o noso proxecto de maneira distinta. Agora, para concienciar á xente e conseguir apoio, imos subir información a este blog e a unha conta de Instagram. Ademais, imos elaborar folletos informativos que poremos a disposición de calquera persoa que entre no noso centro educativo, o IES Pedro Floriani. Desta maneira, intentamos que a poboación de Redondela esté do noso lado e que intente presionar ao Concello para conseguir os nosos obxectivos.
Comentarios